«Hoxe non é frecuente asociar felicidade con sabedoría. Aínda que moitas persoas escollen profesións relacionadas co ensino e a investigación. Mais non pensan en así, como profesores e/ou investigadores, seren felices. Da vella sabedoría dos filósofos antigos, gregos e latinos, o aspecto que permanece, e parcialmente só, é a contemplación. Porén, agora, entendida de modo estético, hedonista. Mormente, como un fenómeno social organizado (deporte, espectáculos, turismo). Tamén, como unha experiencia singular, persoal, como algo fulgurante, pasaxeiro: como un despiste ou un ollar non podendo fixar a vista ou un son que se perde cando, despois dun tempo ouvindo inadvertidamente, nos paramos a escoitar»
(Luís G. Soto: O camiño dos faros. Diario de viaxe, p. 49)
