«En xuño de 1936 produciuse o plebiscito autonómico que foi gañado abrumadoramente polo SI. Por primeira vez despois da supresión do Reino de Galicia, íamos ter un goberno propìo. Castelao quedou moi satisfeito e correu cos outros deputados a Madrid, para presentar a documentación do plebliscito no Parlamento. Bóveda, o home do aparato, quedou en Pontevedra. O resto da vida de Bóveda sería moi pouco tempo. Ía morrer fusilado no mesmo 1936.
Vemos, pois, como Castelao se implica profundamente na vida política republicana e na unidade de esquerda para conseguir a autonomía de Galicia como paso no exercicio da autodeterminación.» (X.L. Méndez Ferrín: Castelao é noso. Santiago de Compostela: Alvarellos, 2024, pp. 31-32)
